O Azkar Lugo quere certificar a súa salvación en Jumilla
Restan cinco xornadas para a conclusión, catro para o Azkar Lugo xa que a próxima tocaralle descanso, e os lucenses queren canto antes lograr o seu obxectivo da permanencia na categoría. Os galegos visitan a cancha do Montesinos Jumilla mañá sábado (17:00 horas – Pavillón Carlos García) e saben da dificultade desta pista xa que pese a ser a dun recentemente ascendido, os murcianos lograron clasificarse para a Copa de España e son novenos na clasificación actualmente.
O Montesinos Jumilla entra na recta final da liga con gañas de meterse entre os oito primeiros clasificados e é por iso que se xogan moito ante un equipo o lucense que non quere deixar escapar esta nova xornada para conseguir o seu obxectivo. As claves unha vez máis serán a concentración defensiva, e máis nun partido na que o Azkar Lugo chega con importantes baixas. A partir de aí competir e competir ante un equipo o jumillano que o fai moi ben cando xoga ante a súa inchada. A priori partido competido e que pode decidirse por pequenos detalles.
No capítulo de baixas, os lucenses chegan mermados ao choque. Quedáronse fóra por lesión Cospe e Aranburu, mentres que Óscar Iglesias fíxoo por decisión técnica. Ademais Zala, por tema de estudos, tampouco estará para o choque, e este únese ás tres ausencias a maiores que teñen os lucenses cos seus tres internacionais, Rubén Mouriz, Áelx Diz e Adrián, que tras chegar o mércores a Lugo, esta madrugada pasada emprendían viaxe coa selección galega sub-19 para disputar a fase final do Campionato de España desta categoría. Os jumillanos contan coa baixa de longa duración de Boyis.
Convocatoria:
Azkar Lugo: Diego Núñez, Cuco, Jandri, Antonio Diz, Chano, Mendiola, Iago Rodríguez, Nacho, Cristian, Porto e Asier.
Histórico de enfrontamentos en 1ª división en Jumilla:
Nunca antes se enfrontaron.











