O autobús metropolitano da área de Lugo supera os 300.000 usuarios no seu primeiro ano en servizo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoLugo
A-
A+

Dende a implantación do Plan de Transporte Metropolitano en novembro de 2012, na área Lugo téñense realizado máis de 300.000 viaxeiros no eido deste plan de mobilidade de Galicia. Así o reflicten as cifras recollidas pola Dirección Xeral de Mobilidade entre as que destacan os desprazamentos realizados no último mes de outubro no que, coincidindo coas festas patronais da cidade luguesa, se fixeron máis 31.000 viaxes (25.000 destes de carácter exclusivamente metropolitano).

O transporte metropolitano non só está a ser un beneficio para a mobilidade das persoas senón tamén para o medio ambiente coa redución do uso de vehículos privados polas estradas. Na área de Lugo preto dun 95 por cento dos desprazamentos motorizados se realizan en vehículo privado, fronte ao 5 por cento que acostuma empregar o servizo público. Un dos obxectivos da implantación do Plan é a retirada de preto de 500 vehículos diarios das estradas da cidade lucense e do seu contorno, o que se traduce en diminuir as emisións de CO2 á atmósfera en preto de 8t ao mes.

En definitiva, estase a fomentar a mobilidade cun menor uso dos vehículos privados, o que permite unha maior fluidez do transporte público colectivo, así como doutros sistemas de transporte público, como o taxi, e unha maior seguridade vial para os cidadáns que deciden empregar a bicicleta e mesmo a marcha a pé para moverse pola cidade.

Coa posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia en Lugo, esta área convértese na primeira de Galicia na que se incorpora o novo plan sen partir dun anterior, como foi o caso das áreas de Ferrol, A Coruña e Santiago. Esta foi unha das razóns polas que foi preciso desenvolver actuacións específicas para esta área, co obxectivo de garantir a operatividade da tarxeta sen contactos TMG.

 
MES

VIAXEIROS
TOTAIS

2012
Novembro
12.720
Decembro
13.265
2013
Xaneiro
16.633
Febreiro
15.971
Marzo
19.841
Abril
25.657
Maio
26.254
Xuño
23.586
Xullo
24.183
Agosto
21.819
Setembro
26.224
Outubro
31.036
Novembro
27.439
Decembro
21.628
 
TOTAL
306.256

O PTM en Lugo

O Plan de Transporte Metropolitano (PTM) de Galicia foi implantado na área de de Lugo en novembro de 2012, sendo beneficiados os veciños dos concellos de Lugo, Castro Rei, Castroverde, Friol, Guntín, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade.

Dende esa data as persoas usuarias poden acollerse ás vantaxes do Plan, que tamén está implantado noutras áreas de Galicia, como Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol.

O custe da tarxeta é de 2 euros. Esta tarxeta é valida para usar nas áreas de transporte metropolitano que xa están en marcha na Comunidade, sen facer ningún tipo de cambio ou portabilidade dos sistemas e mantendo os beneficios.

A tarxeta do transporte metropolitano de Lugo pode empregarse e obterse a través das seguintes oficinas bancarias de da entidade Novagalicia Banco:

Nº OFICINA

ENDEREZO
LOCALIDADE
152 – Lugo- OP
Plaza de España, 16
Lugo
163 – Lugo- Montevideo
C/ Montevideo, 6
Lugo

101- Lugo Santo Domingo

Praza Santo Domingo, 16
Lugo
5152- Lugo- Progreso
C/ Progreso, 20
Lugo
112- Castroverde
C/ Rosalía de Castro, 59
Castroverde
156- O Corgo
C/ Nacional VI, Km. 487,8
O Corgo
123- Guntín
C/ Ourense s/n
Guntín
120- Friol
Avda. La Coruña, 1
Friol
111- Castro Ribeiras de Lea
C/ García Abad, 6
Castro Ribeiras Lea
139- Rábade
C/ Gabriela Nieto Chaín, 1
Rábade

Beneficio para o cidadán

O plan de transporte metropolitano de Lugo implica unha serie de beneficios non só para a mobilidade da cidadanía, senón tamén para os concellos e o medio ambiente. Así, este plan tradúcese nun aforro medio anual para un usuario frecuente do transporte público de entre 300 e 850 euros, dependendo do orixe e destino dos seus desprazamentos. A modo de exemplo, un veciño de Friol que viaxe ata Lugo, pasa de pagar preto de 2,50 euros (prezo medio do billete sinxelo nas paradas do Concello) a abonar 0,84 euros, o que implica un aforro de 1,66 euros. Unha persoa que realice a ruta Rábade – Lugo e unha vez na cidade tome un autobús urbano para acercarse ata á Universidade deberá pagar 0,84 euros, xa que o transbordo ao urbano é totalmente gratuíto.

A modo de resumo, as tarifas do Plan de Transporte Metropolitano na Área de Lugo en función do número de saltos que caracterice cada viaxe na área son as seguintes:

Nº Saltos

Billete sinxelo

Tarxeta TMG

Prezo ata 40 viaxes

Frecuente máis de 40 viaxes

0
1,45
0,45
0
1,50
0,84
0,71
1
1,50
0,84
0,71
2
2,15
1,28
1,09
 

O Plan beneficia nesta área a máis de 124.000 habitantes.

15 de marzo de 2014 | 13:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.