O auditorio do Carballiño acolle o concerto da Banda de Conservatorio de Ourense e a Orquestra do Conservatorio do Carballiño
Este xoves, 27 de marzo, ás 20:00 horas, o auditorio do Carballiño acollerá o concerto da Banda de Conservatorio de Ourense, de vento, metal e percusión, que interpretará obras de Jacob de Haan, RimskyKorsakov, e Stephen Stuart, dirixida por Antonio Caneda. No mesmo concerto tamén intervirá a Orquestra do conservatorio carballiñés, dirixida por José Manuel Veiga.
Esta actividade está enmarcada nunha serie de intercambios entre formacións musicais dos conservatorios, que terá o seu reciprocidad o próximo 3 de abril, día no que a orquestra do conservatorio carballiñés actuará no auditorio do conservatorio de Ourense.
A entrada a estes concertos é libre e gratuíta para todos os que queiran gozar da música dos intérpretes locais.











