O auditorio de Vilagarcía acolle un concerto de cámara, dentro do X aniversario do Conservatorio
O auditorio municipal acollerá este venres, día 28, a partir das 20,00 horas, un concerto de música de cámara coa participación de Vladimira Smausová ao piano, Iván Maia co clarinete e Lucía Lugrís coa frauta. O programa do concerto abarca obras para piano e clarinete, piano e frauta e frauta soa, de diferentes estilos.
Na primeira parte interpretarán a Sonata en Fa m Op. 120 nº 1, para clarinete e piano de J. Brahms e a Serenata a Lydia de Cadaqués, para frauta e piano de X. Montsaltvatge. A segunda parte do concerto comezará con dúas obras para frauta soa, as Fantasias 1ª y 2ª de G. Ph. Telemann e continuará coa Sonata para clarinete e piano de Poulenc, a Fantasía brillante sobre Carmen, para frauta e piano de F. Borne e rematará co Solo de Concours, para clarinete e piano de A. Messager.
Ao longo deste ano 2014, o Conservatorio organizará outros eventos e concertos para conmemorar o décimo aniversario do centro. Nunha primeira fase, que comeza con este Concerto de Cámara, se celebrará tamén, a partir do 7 de abril, a II Masterclass de Violín de Diana Tishchenko. Despois, ademais de concertos de alumnos, exposicións de fotos e carteis, haberá un concerto que o Trío Cassadó ofrecerá o mércores 9 de abril, un concerto didáctico sobre a evolución da Frauta Traveseira, e a Masterclass de Batería e entrenamento rítmico.
Para a realización do programa, a dirección e profesorado do conservatorio conta coa participación activa da Asociación de Pais e Nais do Ensino Musical de Vilagarcía, ATRIL.











