publicidade hoxe

O alcalde de Xermade di que o incendio foi intencionado e comezou en tres focos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaXermade
A-
A+
Europa Press

O alcalde da localidade lucense de Xermade, Tomás Rodríguez, sostén que o incendio que desde a noite deste martes afecta á localidade foi intencionado, dado que comezou en “tres sitios” practicamente á mesma hora.

Para o alcalde da localidade, o inicio do lume en tres lugares simultáneos “non é casualidade”, polo que considera que as chamas se orixinaron de forma “intencionada”. Os lumes, aclarou, comezaron “á beira de estradas, en tres sitios distintos e á mesma hora, cun cuarto de hora de diferenza”. “Non me creo que sexa casualidade”, sentenciou.

Os lumes, iniciados na noite do martes en puntos de Roupar, Cabreirós e Xermade, continúan activos, aínda que o rexedor confía en que poidan estar controlados ao longo da mañá deste mércores. Tomás Rodríguez apunta que o calcinado entre o tres focos podería ascender a 50 hectáreas, tanto de monte raso como de arboledo.

Segundo os datos achegados pola Consellería de Medio Rural, o incendio forestal de Roupar supera xa as 20 hectáreas de superficie afectada e continúa activo. No núcleo de Xermade, o lume, que afectou tamén a máis de 20 hectáreas, está controlado.

19 de marzo de 2014 | 11:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.