O alcalde de Vilagarcía convoca á comisión de Cuca para analizar a información recabada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A comisión municipal creada polo conflito do traslado de Cuca reunirase o luns co obxecto de analizar de forma conxunta a sentencia ditada polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra e toda a información recabada tras a xuntanza coas representantes das traballadoras e das visitas realizadas ás instalacións do grupo Garavilla en Vilaxoán e O Grove. O alcalde convocou aos voceiros de todos os grupos da Corporación para estudar o asunto, avaliar as posibles liñas de actuacións e repercusións e, en consecuencia, adoptar as medidas que consideren máis convenientes para reivindicar que se cumpra o fallo xudicial que declaraba improcedente o traslado das traballadoras.

Independentemente da vista fixada polo Xulgado a finais de abril para avaliar as medidas que adoptou Garavilla para xustificar que xa está cumprindo a sentenza, a comisión municipal decidiu ir adiantando traballo co obxecto de poder fundamentar con solidez e en base ao espírito do fallo a reivindicación de que a actividade de Cuca regrese coas súas operarias ás instalacións de Vilaxoán, como se desexa dende o Pleno de Ravella. Ademais, o Concello remitiu un escrito ao Xulgado pregando que resolva o asunto coa maior brevidade posible dados os prexuízos que a situación de incerteza está a crear entre as traballadoras que ficha diariamente en Vilaxoán e son trasladadas á planta do Grove para traballar.

Todos os grupos da Corporación coinciden en que a marcha de Cuca, tanto a nivel empresa como marca, de Vilaxoán; así como o traslado das traballadoras, supón unha perda social e económica moi grande para o municipio. Compartindo plenamente esta manifestación, o goberno local confía en que a xustiza poña fin ao este conflito do xeito máis satisfactorio para Vilagarcía a para as traballaras, advertindo que, en calquera caso, a resolución deberá ser acatada por ámbalas dúas partes.

12 de marzo de 2014 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.