O alcalde de Tui entregou unha subvención de 6.000 euros ao Club Kaiak Tudense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, na súa condición de deputado provincial, fixo entrega esta mañá ao presidente do Club Kaiak Tudense, José Luís García, dunha subvención de 6 mil euros, mil máis que en 2013, para participar en ligas e competicións oficiais por parte da Deputación de Pontevedra.

O alcalde de Tui, que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, aproveitou para desexar sorte ao Kaiak Tudense no Campionato de España de Inverno que esta próxima fin de semana, 15 e 16 de marzo, se vai celebrar en Sevilla. Precisamente o Concello de Tui asume o aluguer dunha terceira furgoneta que o Kaiak Tudense precisa para acudir a esta importante competición nacional.

10 de marzo de 2014 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.