publicidade hoxe

O alcalde de Soutomaior recibe aos cativos da escola infantil de Romariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+
Os escolares na visita ao Consistorio

Os escolares na visita ao Consistorio

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu no Concello  a tradicional visita dos integrantes da Escola Infantil de Romariz.

Disfrazados para a ocasión de comparsa médica, un ano máis, os alumnos desta escola infantil percorreron as rúas de Soutomaior desde o seu colexio até o Concello para gozar dun intre agradable en compañía do Alcalde.

A gran comparsa médica, formada por máis de 50 persoas entre os 30 nenos e os seus pais e profesores, chegou ao Concello ao redor das 11:30 horas da mañá. Tras ser recibidos o alcalde, Agustín Reguera, e diversos concelleiros e membros do goberno local, os nenos dirixíronse ao Salón de Plenos Municipal. Alí, despois duns breves xogos e saúdos os pequenos, o edil municipal procedeu a repartir entre os membros unha pequena bolsa de agasallo repleta de lambetadas. O comentario xeral centrábase no gran detalle dos disfraces, equipado até cun pequeno botiquín do que presumían os nenos.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, expreso a súa satisfacción con esta clase de iniciativas, que pretenden fomentar as festas entre os máis pequenos do concello. “As festas significan alegría, e nada proporciona máis alegría neste mundo que os nenos”, afirmou o edil. Ao terminar, a comparsa infantil regresou á Escola de Romariz onde os pequenos gozaron dunha merenda típica destas datas, na que non faltaron as filloas, orellas e rosquillas, entre outros doces.

3 de marzo de 2014 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.