O Alcalde de Lugo recibe a visita dun grupo de estudantes de Roskilde que están de visita na cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Visita dos estudantes ao consistorio lucense

Visita dos estudantes ao consistorio lucense

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a visita dun novo grupo de  26 alumnos da cidade vikinga de Roskilde en Dinamarca que están coñecendo a cidade de Lugo da man do I.E.S Lucus Augusti. Estes alumnos viaxaron por primeira vez a Lugo para coñecer esta cidade e reforzar a dimensión europea e promovendo a mobilidade. Ademais tamén visitarán outros puntos de España.

José López Orozco deulles a benvida cun texto en danés e lembrou “a importancia de ter unha Europa forte e de que sexamos todos os que a construamos” ademais de bromear con eles sobre os vikingos. O Alcalde tamén quixo agradecer o esforzo aos profesores que fan posible este cambio de experiencias entre alumnos lucenses e alumnos europeos.

19 de marzo de 2014 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.