O alcalde de Cangas recibe ao Xefe Territorial de Patrimonio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Un instante da reunión

Un instante da reunión

O alcalde de Cangas José Enrique Sotelo recibiu hoxe na Casa do Concello ao Xefe Territorial de Patrimonio José Manuel González. Nesta xuntanza Sotelo abordou diferentes temas se interese para a administración local relacionados con proxectos a desenvolver no municipio e que precisan do visto bo deste departamento autonómico. Entre os asuntos tratados destaca o estado de tramitación do PERI do polígono da Portela que está sendo actualmente estudado por Patrimonio. Por outra banda o rexedor abordou con González a vontade do goberno local de realizar unha serie de actuacións no Cemiterio Municipal de Cangas para instalar unha rampa que permita mellorar a accesibilidade ao recinto e tamén a instalación duns baños. Tamén falaron sobre a última fase do proxecto de mellora da instalación eléctrica da ex-colexiata de Cangas. Esta actuación é a segunda fase das actuacións de mellora no templo impulsadas dende o goberno local. Por último trataron sobre o proxecto de acondicionamento da Finca de Hío, próxima ao adro da igrexa e o Cruceiro de Hío, iniciativa que pretende mellorar o acceso e o acondicionamento do lugar así como de posibles actuacións no Cemiterio Municipal de Darbo.

7 de marzo de 2014 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.