O albergue de pelegríns de Ourense permanecerá pechado con motivo de obras de acondicionamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense quere anunciar ós veciños e visitantes da cidade, especialmente ós do ámbito das peregrinacións, que ven ser posto en coñecemento da Concellería de Turismo por parte da entidade de xestión do Xacobeo que o albergue de pelegríns da cidade permanecerá pechado durante uns días como motivo de obras de acondicionamento e mellora.

Esta comunicación relativa a este espazo conveniado entre as dúas institucións (Xunta e Concello) foi realizada polo ente de xestión autonómica onte, anunciando obras menores de acondicionamento do albergue.

O Concello de Ourense reitera a súa aposta polo mantemento do albergue de pelegríns, dada a importancia do feito xacobeo para a promoción turística de Ourense.

27 de marzo de 2014 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.