O 9 de marzo celébrase a I Carreira Popular Cangas do Morrazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportes
A-
A+

Esta mañá a Casa da Xuventude de Cangas acolleu a presentación da “I Carreira Popular Cangas do Morrazo” organizada polos alumnos e alumnas do TSAAFD María Soliño coa colaboración da Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas baixo a supervisión da Policía Local e Protección Civil.

No acto estiveron presentes o concelleiro de Deportes Francisco J. Soliño, e os membros da organización e alumnos do TSAAFD Agustín Casado, Héctor Fernández e Antón Bobillo.

A carreira, na que poden participar persoas de todas as idades, sairá o domingo día 9 de marzo ás 10.30 horas da Alameda Vella de Cangas. Ao longo do seu percorrido, de cinco quilómetros de lonxitude, o pelotón pasara pola Avenida de Bueu ata a Rotonda do Mexillón, a Avenida de Vigo, a Avenida de Lugo ata a zona da Retirosa, a Aldea de Arriba ata a Avenida de Ourense e de novo cara a Alameda Vella onde se situará a meta.

Trala fin da competición terá lugar unha exhibición de Skate e un sorteo da agasallos, un bono para un Spa e un estudo biomecánico da pisada, entre os participantes.

Esta previsto que no evento participen preto de 250 corredores. Os interesados poden inscribirse de forma gratuíta ata o venres no número de teléfono 617150399 ou mandando un enderezo electrónico a 5kcangas@gmail.com.

A organización dará froita e auga aos participantes “ademais dalgunha outra sorpresa” e pon tamén á súa disposición vestiarios nas instalacións do Club de Remo Vila de Cangas.

O concelleiro de Deportes  anima a todos os veciños e veciñas a participar neste evento deportivo nunha xornada na que está previsto que o tempo acompañe.

 

5 de marzo de 2014 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.