O 5 de abril iníciase o prazo para o abono da taxa municipal de venda ambulante en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Este martes saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia o anuncio polo que se somete a exposición pública a cobranza en período voluntario do padrón de taxa por aproveitamentos especiais con instalación de postos de venda na vía pública e en bens de dominio público municipal en xeral , autorizados ó amparo da ordenanza municipal reguladora da venda ambulante no termo municipal de Cangas correspondente ao segundo trimestre do exercicio 2014.

O ingreso poderá realizarse en calquera das Entidades Colaboradoras que figuran nos correspondentes recibos. Neste senso dende a administración local recordan aos interesados que a non recepción dos recibos nos seus domicilios non exonera da obriga de pagamento. O período de pago voluntario estenderase ata o 5 de xuño, data que determinará o inicio da vía executiva co devengo e recargos que correspondan segundo o recollido na lei 58/2003 Xeral Tributaria.

25 de marzo de 2014 | 20:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.