Novos servizos no Carballiño para os escolares e as súas familias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño, a través da súa área de Educación dirixida pola edil Pilar Caride, retomou o proxecto do comedor escolar, que xa empezou a funcionar o presente curso. Os responsables municipais comprobaron como o número de alumnos que acoden a este servizo é cada vez maior, e por iso abren un novo prazo para todos os interesados en participar nel durante o próximo curso 2014/15.

Este servizo de comedor desenvolverase no local de Bo día Familia, na rúa Calvo Sotelo, e ofrecerá tanto servizo mensual como diario, xa que son moitas as familias que, aínda que non necesiten o servizo todos os días, si en datas puntuais, por iso ofrécese esta segunda posibilidade. A idea principal é permitir a conciliación entre vida familiar e laboral.

O importe que deberá pagar cada neno será de 3,70 euros día, e neste prezo ofrécese un menú variado, equilibrado e atendendo a necesidades especiais como alerxias alimentarias. Incluso os monitores que a diario traballan neste comedor realizan combinacións de alimentos, texturas e sabores, para que os nenos coñezan e edúquense tamén á hora para comer, descubrindo novos produtos e formas de cociñalos.

As familias interesadas en contar con este servizo de comedor poden comunicalo na área de Educación do concello do Carballiño, situado na segunda planta da Casa Consistorial.

18 de marzo de 2014 | 16:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.