Nova sesión de Bingo Entretido en Poio
Nova sesión de Bingo Entretido para este MÉRCORES, 5 de marzo no centro cultural “Xaime Illa” en Raxó. Esta sesión é aberta para que os -as veciños-as adultos que queiran podan acercarse e botar uns cartóns que por certo son de balde. A hora de comenzar a xogar é ás 5 da tarde.
Os premios que serán aportados polo concello consistirán por ejemplo en roupa para o fogar, menaxe, complementos ….A entrada é totalmente libre.
Estas sesións están organizadas pola concellaría de benestar social do concello de Poio.
NOVO CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS
Debido a gran demanda que teñen os cursos de manipulador de alimentos, dende a concellaría de benestar social seguen a prantexar un curso con periodicidade mensual. No mes de marzo a data fixada é o luns 31.
As persoas interesadas poden solicitar información no teléfono 986872401. Para a inscrición hai que pasar polas oficinas do centro social en horario de mañán xa que hai que abonar o seu coste ( 12 €).











