Nova convocatoria do “plan banda larga” en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O concello de Cangas informa que dende a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural abriuse  o prazo para a solicitude de subvencións para o Plan de Banda Larga da Xunta  que permite aos cidadáns e pemes que carezan de cobertura ADSL na súa zona, solicitar unha axuda para o acceso a internet de banda longa vía satélite.

Esta é a terceira convocatoria deste Plan de Banda Longa que facilitará a aqueles galegos e galegas que non teñan acceso á rede de canto menos 2 Mbps a través de ningunha outra tecnoloxía acceder a internet de alta velocidade vía satélite.

A contía económica de esta axuda será dun máximo de 150 euros por domicilio, que a Xunta pagará a operadora directamente,  destinados a sufragar o gasto de instalación do servizo e o custe do equipamento interior da vivenda ou empresa.  Ademais o importe da tarifa do primeiro mes será gratuíto.

As solicitudes tramitaranse polas operadoras acreditadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) como entidades colaboradoras. O beneficiario poderá elixir con cal das cinco empresas asociadas a día de hoxe ( Duo Telecom, Eurona, Intermax, Quantis ou Terrachá Technology) quere contratar  o servizo. Os beneficiarios deberán asinar un contrato de permanencia de 12 meses coa operadora que tamén fará a instalación. 

O prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe e remata o día 30 de agosto de 2014. Os interesados/as poden acceder a máis información a través do correo electrónico oficina.bandalarga@xunta.es ou chamando ao 981957868.

O goberno local destaca a importancia deste tipo de axudas nun concello como Cangas, onde algunhas das zonas rurais máis afastadas carecen de cobertura ADSL.

 

26 de marzo de 2014 | 20:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.