Nigrán informa da prestación económica de pago único por fillo menor a cargo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

A Concellaría de Benestar  Social de Nigrán informa que a Conselleria de Traballo e Benestar convoca a prestación económica de pago único por fillo menor a cargo, co fin de paliar, na medida do posible, os gastos dos primeiros anos do neno, establecendo deducións da cota íntegra autonómica do IRPF.

Poderán ser beneficiarios todas aquelas persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos á data 1 de xaneiro de 2014 e que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2012, nin eles nin ningún membro da unidade familiar.

Esta axuda consiste nun pago único de 360 euros por cada neno. A documentación que deberá acompañar á solicitude é a fotocopia do libro de familia completo, o certificado do padrón da unidade familiar e o certificado ÍAN a nome do solicitante (pai, nai ou titor), podendo requirirse outra documentación para casos excepcionais.

As solicitudes poderanse presentar no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán (planta baixa), antes do 22 de abril, previa solicitude de cita no teléfono 986 365 000, extensión 4.

18 de marzo de 2014 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.