Nigrán informa da apertura das inscricións para os campamentos de verán de Xunta
O Concello de Nigrán, a través da concellaría de Patrimonio, Igualdade e Xuventude, informa que xa está aberto o período de inscrición para os campamentos inscritos dentro do Programa Campaña de Verán 2014, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
Os campamentos están destinados a nenos e nenas nados entre os anos 1996 e 2005. O prazo de inscrición finalizará o próximo 10 de abril, e as solicitudes xestionaranse a través da OMIX de Nigrán até o 9 de abril.
Deputación de Pontevedra
Así mesmo, lembra que o prazo de inscrición para os Campamentos da Lanzada, organizados pola Deputación de Pontevedra, segue aberto. O campamento está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2001 e 2006, ambos os incluídos, finalizando o período de inscrición o día 1 de abril.
Tamén está aberto o prazo de inscrición para os campamentos polideportivos Príncipe Felipe, organizados pola Deputación de Pontevedra, e destinados a nenos e nenas nados entre os anos 2000 e 2007 ambos os incluídos, cuxo período de inscrición finaliza tamén o primeiro do próximo mes.
Axudas para formación en linguas estranxeiras
Doutra parte, a concellaría de Xuventude informa que tamén está aberto o prazo de solicitude de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras, destinadas ao alumnado de ESO ou Bacharelato, e cuxo período de solicitude finaliza o próximo 28 de abril.
Para máis información e/ ou inscrición contactar coa OMIX de Nigrán, situada na Estrada pola Vía, 65 (antiga estación do tranvía), no teléfono 986 383 081.











