Nigrán conmemorará con talleres infantís e contacontos o Día da Muller
O Concello de Nigrán, a través da concellaría de Patrimonio, Mocidade e Igualdade, celebrará este sábado o Día Internacional da Muller con talleres infantís pola igualdade e o contacontos “Furabolos e Mollavaras” pola igualdade. Os actos, que terán lugar no Salón de Actos a partir das 12.00 horas, teñen como obxectivo transmitir aos máis pequenos valores de igualdade entre ambos os sexos.











