Nigrán acolle un curso de elaboración de xabóns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

Curso de elaboración de xabóns en Chandebrito

O Concello de Nigrán, a través da concellaría de Patrimonio, Igualdade e Mocidade, organiza un curso de elaboración de xabóns, que se celebrará a partir do próximo luns 24 de marzo na Asociación Mulleres Rurais de Chandebrito, os luns de 18.00 a 20.00 horas. Máis información e inscricións no Centro de Información ás Mulleres de Nigrán.

Excursión ás Illas Cíes

O Concello de Nigrán, a través da concellaría de Benestar Social, organiza unha excursión ás Illas Cíes, preferentemente para empadroados en Nigrán, prevista para o martes 8 de abril, a un prezo de 16 euros por persoa. A excursión inclúe un almorzo saudable na Residencia de Tempo Libre de Patos, ás 9.30 horas, desprazamento de ida e volta ás Illas Cíes con visita guiada, con saída ás 11.30 horas desde o porto de Panxón, e xantar no barco. En caso de mal tempo a excursión posporase ao mes de maio. Máis información no Departamento de Servizos Sociais de Nigrán.

17 de marzo de 2014 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.