Negreira avala unha “norma xeral” sobre os agasallos na administración “e non en cada concello”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, avalou a elaboración dunha “norma xeral” sobre os regalos na administración pública, tras o anuncio do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo de que a Xunta se dotará dun código ético que protocolice “o bo uso” dos bens públicos e que “restrinxa ou prohiba todo tipo de reclamos” neste ámbito.

Coincidindo coa súa presenza na inauguración da ampliación das instalacións da Escola de Hostalaría da Coruña, e preguntado sobre o feito de que este luns o PP rexeitase, en pleno, unha moción de Esquerda Unida similar ao anuncio de Feijóo, Negreira precisou que non se opuxeron. Abstivémonos”, matizou.

 Non obstante, avogou por afastar estas propostas do “partidismo” e o “oportunismo político”. “Debe haber unha norma xeral, non en cada concello ou en cada esquina”, sentenciou o rexedor coruñés.

Así, rexeitou propostas que pasen por ver “quen é o primeiro municipio que ten o código”. “A ética tense ou non se ten, o que hai é que traballar moito”, apostilou Negreira.

Preguntado sobre o anuncio de Feijóo, o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, evitou pronunciarse. “Cando saia xa verémolo e valoraremos”, dixo, ademais de apelar “ao sentido común” de cada cidadán en relación con este tipo de comportamentos.

13 de marzo de 2014 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.