Neda oficiará un funeral solemne polo ex presidente Adolfo Suárez na Igrexa parroquial de Santa María

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda, por boca do seu Alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, invitou esta mañá a veciños e veciñas a acudir o próximo sábado, 5 de abril, ao Funeral solemne polo ex presidente do Goberno, Adolfo Suárez, na Igrexa Parroquial de Santa María. Un oficio relixioso impulsado pola Administración local que dará comezo ás seis e cuarto da tarde en recordo dunha das figuras clave da historia recente de España.

Así mesmo, o Alcalde anunciou a súa intención de levar a pleno unha proposta para bautizar o 25 de outubro, data na que se asinaron os Pactos da Moncloa, como o Día da Concordia, de tal modo que se perpetúe na memoria colectiva o espíritu de convivencia e vontade de acordos que sempre impulsou Adolfo Suárez e se lembre sempre o que el fixo polo progreso e benestar do país e da súa sociedade.

28 de marzo de 2014 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.