Neda fai un chamamento á participación na Manifestación en defensa do naval público da ría

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, e o equipo de goberno quixeron esta mañá expresar públicamente o seu apoio á Manifestación en defensa do naval público da ría convocada polo comité de empresa de Navantia. Así mesmo, fan un chamamento á participación dos veciños e veciñas da localidade a participar na marcha, que se celebrará este domingo, 30 de marzo, con saída ás 12 horas do barrio ferrolán do Inferniño baixo o lema “Defender o naval é defender a comarca”.

Por último, reiteran que dende Neda seguiránse apoiando as reivindicacións para garantir a viabilidade do sector naval, vital non só para Ferrol, senón para toda a comarca.

25 de marzo de 2014 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.