Mos celebrará o desfile de Entroido este domingo tras ser aprazado polo mal tempo
O desfile de comparsas de Entroido do Concello de Mos celebrarase o vindeiro domingo, día 9 de marzo, ó ser aprazado a dita data por mor das importantes inclemencias meteorolóxicas rexistradas o día programado inicialmente (domingo 2 de marzo).
O desfile de comparsas terá lugar, como cada ano, na Avenida de Sanguiñeda, e nesta ocasión dará comezo ás 17.30 horas e estará amenizado polo grupo ‘M3’, ademais de contar coa participación de 12 comparsas de adultos e 4 comparsas infantís.
As 12 comparsas de adultos serán as seguintes: Asociación A Cividade de Louredo, Asociación Veciñal Nosa Terra de Pereiras, Asociación Veciñal Chan do Bosque de Sanguiñeda, Asociación Celado de Cela, Santa Ana de Veigadaña, Asociación de Guizán, a comparsa Mos – Wana Trompazo Real, ASODIFISI (Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos), Colexio das Escravas da Virxe Dolorosa, C.C. Alba de Torneiros-Porriño, comparsa Luces de Tomiño, e Sevillanas sen Sentidiño de Porriño.
As 4 comparsas infantís participantes serán a do colexio mosense de Atín, a da Asociación Cousas do Porriño, a comparsa porriñesa Gris Bastón e a comparsa Venecia de Porriño.











