Montesinos Jumilla FS 6-2 Burela FS Pescados Rubén
O Burela FS Pescados Rubén non puido completar esta tarde a xesta do tres puntos antes de recibir o parón ligueiro. O conxunto laranxa mantivo o equilibrio na difícil pista do novel Montesinos Jumilla FS até a metade do segundo período, aínda que a expulsión de Matamoros, unida ás baixas con que viaxou, condicionárono en exceso para afrontar o tramo final con garantías (6-2). Este resultado mantén aos de Juanlu na oitava praza (30 puntos) a tres da sétima, custodiada polos Ríos Renovables que venceu ao Pozo (3-2), e avantaxando en 1 ao Montesinos.
Murcianos e galegos viviron unha xornada moi equilibrada na primeira parte na que os goles se resistiron até rozar o ecuador; o Burela FS escados Rubén estivo ben ordenado en defensa, aínda que con problemas na saída de balón, fronte a un Montesinos Jumilla FS máis intenso en presión. Ao 1-0 de Josiko (minuto 19), o conxunto mariñán reaccionou co pasaporte do seu pichichi, Matamoros, para recibir o tempo de descanso con empate.
A escuadra laranxa volveu á pista máis enchufada. Aínda que as primeiras chegadas estiveron nos pés dos laranxas, foi o Jumilla no que atopou de novo primeiro a diana, no minuto 28, de Suazo. Poucos segundos despois, a pesar da expulsión de Mata, que recibiu a segunda amarela, o Burela FS conseguiu igualar a contenda, nas zapatillas de Burrito. Con 2-2, o equipo de Juanlu tentou manter o electrónico en táboas, pero no último segundo da inferioridade numérica chegou o mazazo para os galegos, co 3-2 de Ique (minuto 31), que se ampliou no 32, con Baca. Os mariñáns, moi danados pola ausencia de Mata unida ás baixas de Christian e Hugo, tentaron reaccionar con xogo de cinco a falta de pouco máis de catro minutos, con Mimi como estandarte; despois dun par de ocasións con perigo sobre a meta murciana, o Jumilla non desaproveitou as súas oportunidades a porta baleira, distanciándose no marcador até 6-2 (minutos 38 e 39), coa firma de Pizarro e Chinés.
Copa Galicia. O Burela FS Pescados Rubén recibirá o vindeiro mércores, 12 de marzo, ao Azkar Lugo en semifinais da XXIII Copa Galicia. Vista Alegre acollerá o encontro a partir das 20.30 horas. Para os socios laranxas a entrada será gratuíta; a venda anticipada para non socios estará dispoñible na sede do club burelista até o mércores ao mediodía (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo): adultos-12 euros, menores de 18 anos-2 euros.
Ficha técnica
Montesinos Jumilla FS: Mozo, Lolo Suazo, Pizarro, Pichi, Rober, no cinco inicial; tamén xogaron Anxo, Baca, Christian, Ique, Josiko, Chinés
Burela FS Pescados Rubén: Álex, Mimi, Burrito, Isi, Matamoros, no cinco inicial; tamén xogaron Iago Míguez, Juanma, Carlitos, Antoñito
Goles: 1-0,minuto 19, Josiko; 1-1, minuto 19, Matamoros; 2-1, minuto 28, Suazo; 2-2, minuto 29, Burrito; 3-2,minuto 31, Ique; 4-2, minuto 32, Baca; 5-2, minuto 38, Pizarro; 6-2, minuto, 39, Chinés
Árbitros: Costa Sánchez // García Morón
Cartóns: Por Montesinos amarelas a Josiko (minuto 26) e Pizarro (minuto 32). Por Burela FS dobre amarela e expulsión a Matamoros (minutos 18 e 29) e amarela a Iago Míguez (minuto 36)
Incidencias: Partido correspondente á 24ª xornada de Primeira División LNFS











