Monforte súmase á celebración do Día Forestal Mundial
O concello de Monforte, coa colaboración dos colexios e dos IES da cidade, unirase un ano máis á celebración do Día Forestal Mundial (Día da Árbore) que se conmemora este venres día 21 de marzo.
A concellería de Medio Ambiente promoverá a plantación de 18 árbores de tres especies diferentes por parte do alumnado dos centros educativos de primaria e secundaria de Monforte e do colexio de educación especial Infanta Helena.
Nas plantacións participarán alumnos/as dos nove centros educativos e persoal do departamento de medio ambiente que lles explicará as características de cada árbore, a maneira de realizar a plantación e os beneficios que aporta para o medio ambiente e para a sociedade. O concelleiro de Medio Ambiente, Antonino Luaces, tamén se sumará a esta actividade.
A plantación levarase a cabo en A Barxela, parroquia de Piñeira, o devandito día 21 entre as 11:00 e as 12:00 h. As árbores elixidas son especies de ribeira: fresnos, pradairos e alisos (6 de cada unha delas).
Na actividade, que se enmarca dentro do Proxecto de Educación Medio Ambiental promovido pola concellería de Medio Ambiente, participarán un total de 225 alumnos/as, 9 por cada centro, que serán traslados en autobús dende os seus colexios e IES ata o lugar da Barxela.
As árbores foron cedidas polo viveiro Os Troios, propiedade do Servizo de Montes e Industrias da Xunta de Galicia.
O segundo Proxecto de Educación Medio Ambiental comezou o pasado mes de novembro cunha actividade sobre a reciclaxe desenvolvida nos centros de primaria e rematará no mes de maio cun obradoiro sobre o “Cambio Climático”, dirixido exclusivamente a alumnado de secundaria.











