Monforte informa da apertura do prazo de solicitude dos campamentos de verán da Xunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Campamentos de Verán 2014 que organiza a consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e que están dirixidos a mozos/as de idades comprendidas dende os 9 ata os 17 anos.

A oferta destes campamentos e actividades é moi variada, podendo optar por diversas alternativas tanto dentro como fóra de Galicia.

En Galicia as actividades ofertadas son: Aventura nas Mariñas; Conecta con Galicia; Actividades no mar; En bicicleta pola natureza; Natureza xunto ao mar; Campamento de teatro; Actividades no mar; Vela; Windsurf e Wakeboard; Xogando no encoro; A nosa primeira aventura, multiaventura; Ambiente e mar; Acampada ao carón do mar; DevesAventura; Campamento sente Galicia; Unha viaxe a través do tempo; Sons da Devesa; Aventúra-T, multiaventura nos Chacotes; Adventure Camp 2014; Campamento Equal; Achégate á Ribeira Sacra; Ocio e deportes náuticos no encoro das Conchas; Manzaneda alta montaña; Actividades do mar: vela, táboa, piragúismo, kaiak-polo e aula da natureza mariña; A miña primeira aventura e Aventura na illa.

Fóra de Galicia, en Álava, Estremadura, Castela e León e A Rioxa, as actividades ofertadas son: Colonia de rock, Multiaventura, Náutica, Deportes e ocio en Jerte, e Multiaventura e aire libre.

Como novidade, este ano ofértanse unhas prazas de inclusión dirixidas a aqueles/as mozos/as que, tendo unha discapacidade igual ou superior ó 33 % e inferior ó 65 %, teñan capacidade de integración nun grupo e as súas limitacións ou necesidades permítanlle manexarse nas instalacións do campamento elixido e beneficiarse das actividades que nel se van desenvolver. Dita oferta inclúe: Aventura nas Mariñas, En bicicleta pola natureza, Campamento de teatro, DevesAventura, Multiaventura nos Chacotes, A miña primeira aventura e Aventura na natureza.

O prazo de solicitude remata o día 10 de abril, polo que calquera  interesado/a pode acudir á Oficina Municipal de Información Xuvenil, nas Casitas da Compañía, ou chamar ó teléfono 982-87-51-26, onde ademais de informarse poderán xestionar a súa solicitude de inscrición.

27 de marzo de 2014 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.