Monforte abre o prazo de pre inscrición na gardería municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de Igualdade informa que o próximo martes día 1 de abril abrirase o prazo de pre inscrición para presentar a solicitude de reserva de praza por novo ingreso na Escola Infantil Municipal para o curso 2014-2015.

As persoas interesadas teñen á súa disposición o modelo de solicitude nas dependencias do Rexistro do Concello e na Escola Infantil Municipal, podendo descargalo tamén na páxina web do Concello, www.monfortedelemos.es.

Os formularios de pre inscrición, xunto con toda a documentación indicada nos mesmos, deberase presentar no Rexistro do Concello entre os días 1 e 30 abril.

30 de marzo de 2014 | 10:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.