Moncho Fernández: “Valencia é o equipo máis duro da liga”
O adestrador do Rio Natura Monbus, Moncho Fernández, afirmou hoxe na rolda de prensa previa ao encontro que o seu equipo disputará este fin de semana en Valencia (sábado, 19.00 horas) ante o conxunto taronja, que é “o equipo máis duro da liga”.
“A Valencia é un grande, sen dúbida. Temos que escapar dos pensamentos negativos. Si pensásemos igual non poderiamos gañarlle ao Barcelona, ao Unicaja ou en Gran Canaria (…) Si xa perdemos antes de ir xogar, isto non ten ningún sentido”, argumentou. “É un equipo de Euroliga que está a xogar a Eurocup e é un dos grandes favoritos para gañala. É moi físico, vainos a esixir moito: agarran, empuxan, sácanche dos bloqueos… para min é o equipo máis duro da liga. Temos que pornos ao seu nivel físico”, declarou.
Preguntado por algún xogador ao que haxa que prestar especial atención non soubo elixir, pois cada un está entre os mellores de Europa, o que fai que sexa un conxunto moi perigoso. “Si repasas o persoal é difícil non destacar a algún. Son xogadores de primerísimo nivel, todos acorde co obxectivo que teñen”, concluíu o preparador compostelán.
En relación ao parte médico, á parte da baixa de Iñaki Sanz, o técnico do conxunto compostelán ha comentado o seguinte: “Pavel non traballou connosco en toda a semana. Vai evolucionando mellor e está con tratamento de fisioterapia e imos ver como evoluciona. Durand adestrou un pouquiño rengueante aínda. Oriol vai dando pasos, pequenos, pero cada un é un paso adiante”.











