Moncho Fernández apoia o proxecto de accesibilidade a espazos deportivos da Federación Autismo Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Moncho Fernández na presentación do proxecto

Moncho Fernández na presentación do proxecto

O Multiusos fontes do Sar serviu hoxe como escenario da presentación do “Proxecto de accesibilidade para persoas con autismo nos espazos deportivos de Santiago”, realizada pola Federación Autismo Galicia,  aproveitando o día mundial de concienciación desta enfermidade, que será mañá 1 de abril. Ao acto acudiron como convidados o adestrador do Rio Natura Monbus, Moncho Fernández, así como Santi Valladares, adestrador do Santiago Futsal.

O proxecto, que foi presentado polo presidente da Federación Galega de Autismo, Antonio da Igrexa, e no que estiveron presentes o Concelleiro de Deportes de Santiago de Compostela, Adrián Varela, a Concelleira de Benestar Social, María Castelao, e o xerente do Multiusos Fontes do Sar, Santi Cadrado, consiste en encher as instalacións deportivas do Concello de Santiago de pictogramas informativos, dado que os enfermos de transtorno de espectro do autismo teñen un excelente pensamento visual, en detrimento de a comunicación social e da linguaxe. Preténdese así diminuír as barreiras físicas para os pacientes deste tipo de problema, así como mellorar a inclusión social dos mesmos. O Multiusos Fontes do Sar xa conta con esta sinalización en moitas das súas salas, que será de utilidade durante os encontros que o Rio Natura Monbus dispute como local, así como para os demais servizos que se ofrecen na instlación.

Moncho Fernández aproveitou a ocasión para felicitar á Federación Autismo Galicia polo seu constante labor e recalcou a dispoñibilidade do Rio Natura Monbus para prestar sempre a súa axuda a este tipo de actividades. O técnico foi agasallado, ademais, cun pictograma personalizado de todo o equipo.

31 de marzo de 2014 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.