publicidade hoxe

Miño presenta os primeiros orzamentos da recuperación económica por importe de cinco millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

Tras os bos resultados que desprende a liquidación 2013, o alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabín, presenta ao pleno extraordinario que se celebrará o vindeiro venres día 28 de marzo, ás 12,00 horas, os primeiros orzamentos do seu mandato centrados en materia social e emprego.

Tal e como indicou na súa toma de posesión, Veiga presenta un orzamento que difire dos presentados en anteriores exercicios. Si os anteriores centraban o gasto a materia de obras e urbanismo, este orzamento para o ano 2014 recolle as inquietudes do novo rexedor de apoio aos sectores miñenses máis desfavorecidos.

Cun cálculo prudencial de ingresos e unha redución de gasto de persoal e unha optimización do gasto corrente, estes orzamentos canalizan ao Concello de Miño na recuperación económica.

22 de marzo de 2014 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.