Mes de marzo artístico en Cangas
Cangas énchese de arte durante este mes de marzo con varias exposicións pictóricas.
Dende hoxe día sete e ata o día 21 poderá visitarse a exposición de María Mariño na Capela do Hospital. O horario de visita é de luns a sábado, con excepción dos xoves, de 17.00 a 21.00 horas e os domingos de 11.00 a 13.00 horas.
Tamén a partir de hoxe quedará aberta na sala “Angel Botello” da Casa da Cultura de Cangas a exposición de Teresa Candal que poderá ser visitada de luns a venres de 9.30 a 21.00 horas e os sábados entre as 10.00 e as 13.00 horas.











