Mercado de troco no IES de Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

Mañá día 31 a partir das 11.00 horas, nos exteriores do IES, se o tempo o permite, estará ubicada a carpa que vai a albergar o mercado de troco que a concellaría de Xuventude a través da OMIX organiza por segunda vez, tra lo éxito da primeira edición.

Coa colaboración da dirección do dito centro escolar, ponse en marcha esta novidosa actividae coa finalidade de concienciar ao alumnado do valor dos bens de uso e consumo, amosándolles que aos mesmos se lles poden dar segundas oportunidades e de que o que non vale para unha persoa, pode ser de interés para outras, tendo presente, por descontado, o maior aproveitamento dos recursos e á vez a reutilización e o reciclaxe e dando a coñecer prácticas e modelos alternativos de consumo.

Os/s participantes aportarán ao mercado obxectos do máis variopinto: libros, menaxe, xogos, roupa, xoguetes, artesanía, material deportivo….., agás material escolar, polos que recibirán da organización, un ou varios vales que despois poderán intercambiar por outros dos obxectos expostos que sexan do seu interés. O troco será o único xeito de facerse cos obxectos, que en ningún caso poderán ser sometidos a unha transación económica.

Ao remate da xornada, os elementos que non foran adquiridosn serán devoltos aos seus propietarios, se ben se promoverá a súa doazón a entidades sen ánimo de lucro para rastros solidadarios.

O contorno do mercado será ambientado con carteis e láminas referentes ao consumo consciente, a analise de vida dos productos, recomendacións a o respeto….

O mercado estará atendido por dous educadores ambientais e o horario do mesmo será de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 18.00 h.

31 de marzo de 2014 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.