Menos de 200 entradas para ver o Rio Natura Monbus contra o Real Madrid
A afección compostelá está a dar unha vez máis mostras inequívocas de compromiso e apoio ao equipo ante a visita do líder, invicto na liga Endesa. O partido ante o conxunto de Pablo Laso do domingo (18.00 horas) non pasou desapercibido para o obradoirismo e a venda de entradas para este encontro marcha a bo ritmo: as Tribunas Retráctiles, están esgotadas, do mesmo xeito que as entradas de Tribuna 1 e Fondo.
O Rio Natura Monbus – Real Madrid do próximo domingo é un partido de gran expectación no camiño da permanencia na máxima categoría do baloncesto español. As oficinas do club despachan entradas para este choque a bo ritmo, como desmuestra que só estean dispoñibles a día de hoxe as bancadas de Tribuna 2 . O apoio de afeccionados e abonados continúa sendo determinante para que o equipo santiagués manteña a súa fortaleza como local.
As entradas a día de hoxe dispoñibles están á venda nas oficinas do club, sitas no Multiusos Fontes do Sar, de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00, e na Tenda Oficial do Club “Miudiño Store” na área Central (Local Blusens), de mércores a sábado de 17.00 a 22.00. Así mesmo, as entradas tamén se poden adquirir a través da páxina web do club (www.obradoirocab.com) as 24 horas do día.











