Melloras tras os danos de temporais en Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

Os traballadores da brigada de operarios municipal segue realizando tarefas de melloras tras os temporais que azoutaron a nosa zona durante o inverno pasado. Nestes momentos están a realizar as melloras e limpeza das cunetas nas vías de titularidade municipal. Estes traballos realízanse nas seguintes zonas: paseo saudable de Cerdedo. As obras consisten na retirada de sedimentos das cunetas con maquinaria especializada.

O resto de operarios segue realizando tarefas de limpeza nos viarios municipais e no núcleo de Cerdedo e continúan a bo ritmo as obras de mellora e reposición do empedrado na Praza do Concello.

31 de marzo de 2014 | 11:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.