Medio cento de veciños de Sigüeiro comparten “Café co Alcalde” para traslarlle as súas necesidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOroso
A-
A+
Café co alcalde en Sigüeiro

Café co alcalde en Sigüeiro

Máis de medio centenar de veciños e veciñas de Sigüeiro participaron na iniciativa “Café co Alcalde”, que se leva celebrando nos últimos anos con gran éxito polas distintas parroquias de Oroso e que desta vez chegou á capital municipal. “Queremos ter aos veciños o máis satisfeitos posible e por iso queremos falar do que lles preocupa, escoitar as súas propostas e necesidades, que non quede nada dentro”, explicou o alcalde Manuel Mirás.

“Hai cousas que descoñecemos ou que non nos parecen tan importantes”, sinalou Mirás Franqueira, quen exemplificou nunha recente reunión cos veciños de Marzoa: “pediron un parque biosaudable. Era unha necesidade que non pensabamos que había, xa que os que hai en Sigüeiro non se utilizan tanto como se agardaba. Pero entendemos que era unha petición deles e cando dispoñamos de orzamento o faremos”.

Temas a debate

Durante algo máis de dúas horas, os veciños e veciñas presentes plantexáronlle ao alcalde numerosos temas, “dos que tomamos moi boa nota”, sinala Manuel Mirás. Unhas reivindicacións entre as que sobresaíron catro temas principais: situación dos colexios, limpeza viaria, presenza policial e construción dunha piscina climatizada.

Sobre a cuestión da piscina, que foi a primeira en ser plantexada, Mirás explicou que “está en carteira. Podemos facela porque Oroso é un concello ben xestionado e temos recursos para facela. Outra cuestión é se con preto dos 800 parados é o momento idóneo para facelo, sobre todo tendo en conta de que non podemos facernos cargo do mantemento”. Por iso, o alcalde orosán explicoulles aos veciños que “esperaremos á que a economía se estabilice pois penso que non é momento de facer unha gran obra como a climatización da piscina”, aínda que adiantou que “nos orzamentos deste ano aprobamos unha partida de máis de 39.000 euros para poñer xogos de auga na piscina de Sigüeiro. É un proxecto que nos ilusiona moitísimo e que estou seguro de que nos axudará a fixar poboación”.

A veciñanza valorou especialmente os proxectos de reurbanización realizados en Sigüeiro, como nas rúas do Portiño ou do Xuncal, así como o que se vai facer na rúa Tambre. Sen embargo, solicitaron unha maior presenza policial e tamén denunciaron o incivismo dalgúns veciños que non recollen as deposicións dos seus cans no Paseo do Río Carboeiro. O alcalde orosán explicou que, a pesar de habilitárense zonas especiais para o paseo dos cans nos arredores da Alameda de Gois e de terse colocado papeleiras destinadas á recollida das deposicións dos cans, un gran número de persoas seguen sen facer uso delas, polo que falou de facer algún tipo de iniciativa de concienciación veciñal.

Finalmente, os veciños e veciñas de Sigüeiro manifestáronlle ao alcalde as dúbidas que lles xorden pola construción do novo colexio e se iso pode supoñer algún tipo de falta de seguridade para os nenos. Manuel Mirás explicoulles que “cando o proxecto estea rematado poderedes ver que o viario de acceso ao colexio terá un ancho de 25 metros, con espazo para aparcar e deixar aos nenos con total seguridade e sen problemas. De feito, trátase dun viario con menos intensidade de circulación que a avenida da Grabanxa”. Ademais, explicoulles que os alumnos de Sigüeiro disporán dun camiño de acceso ao colexio a través do paseo do Río Carboeiro, polo que aínda estarán máis seguros que na actualidade xa que non terán que cruzar ou pasar preto de estradas.

24 de marzo de 2014 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.