Mecalia Atl. Guardés 30 – Cleba León 26
Partido moi disputado, como xa se esperaba, cunha primeira metade onde se ían alternando os goles até o minuto 20 onde o Guardés abriu unha pequena brecha que un loitador Cleba trataba de restañar unha e outra vez chegándose ao descanso cun axustado marcador de 14-13.
Nos inicios da segunda metade, apertou o Mecalia e consegue irse no marcador de 3 goles no primeiros cinco minutos. A partir de aí viñeron as fases mais brillantes, tanto do Mecalia que xa non deixaba baixar de 4 a diferenza, como dun Cleba que nunca se deu por vencido e fixo traballar duro até o asubío final.
Resultado xusto e unha arbitraxe, o da parella galega, moi protestado pola numerosa afección que enchía, como é habitual, o pavillón.
Ficha do encontro
Polo Guardés.- Carla Abad, Vanesa Amorós(2), Cristina Barrios (3), Ana Cerqueira (1), Catarina Corte (2), Andrea Dapena (4), Ronsel Doiro (8), Amit Izak (1), Alesia Kurchankova (6), Carmen Martin (1), Irene Sanchez, Barbara Cerqueira (2), Laura Morais , Lucia Rodriguez
Polo Cleba.- Andrea Alvarez, Raquel Caño (9), Alicia Cembranos, Clara Garcia (1), Cristina Gonzalez, Laura Gutierrez, Daria Ilina (8), Marta Mendez (2), Sonia Rodriguez, Itziar Ubillos (1), Mariña Gonzalez (2), Tatiana Lozano, Maria Prieto (3), Loreto Roldán.
Arbitros.- Martín Rodriguez Mondela e Daniel Portela Fernandez
Exclusións
Polo Mecalia.-Cristina Barrios (2), Ana Cerqueira
Polo Cleba.- daria Ilina (2), Maria Prieto e Loreto Roldán.
Marcador cada 5 minutos
½, 4/4, 6/6, 10/7, 12/9, 14/13 Descanso 16/13,19,15, 22/18, 24/21, 26/23, 30/26 Final











