Master Class Solidario de Zumba e Body Combat en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

Os vindeiros domingos, días 16 e 23 de marzo, organizado pola empresa concesionaria da xestión das instalacións deportivas municipais  e en colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, terán lugar dous eventos deportivos de carácter solidario. A intención é recadar fondos para a asociación “Yo colaboro con una sonrisa”, que leva a cabo unha campaña de recollida de fondos para nenos con enfermidades raras, e neste caso, en beneficio dunha nena de nome Alma.

A edil Susana Martínez Galdós, Sonia Rodríguez, en representación de “Yo colaboro con una sonrisa”; e Antonio Salazar, en nome de Serviocio, participaron hoxe na presentación destes eventos na Casa Consistorial de Ferrol. O domingo 16 no Pavillón de Esteiro, en horario de 11.00 a 13.00 horas, desenvolverase unha xornada de “Master Class Solidaria de Zumba e Body Combat” ; e sete días despois, o domingo 23 celebrarase a “Carreira 5 quilómetros Serviocio Ferrol”. Dende a Concellería de Deportes apuntouse que estes eventos contribúen a que o deporte e os hábitos de vida saudables cheguen á maior parte da poboación posible. Esta carreira servirá para que a entidade “Yo colaboro con una sonrisa” antes, durante e despois da carreira, divulgue as súas actividades e recibirá aqueles donativos que voluntariamente queiran facer os participantes.

Os organizadores confían en que a curta distancia da carreira -5 quilómetros- faga que a participación na mesma sexa elevada. Ademais, terán lugar carreiras para nenos/as dende a categoría de biberóns (nados en 2009). Ademais, e co gallo de fomentar a máxima participación posible, darase como agasallo unha camiseta conmemorativa da carreira a todos os inscritos. Ao rematar a carreira disporase dun avituallamento. Aos tres primeiros de cada categoría recibirán un trofeo, agás nas categorías de biberóns e pre – benxamín que se lles entregará a todos os nenos unha medalla.

12 de marzo de 2014 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.