Marrocos acosa á delegación galega que visita os territorios ocupados do Sahara Occidental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

Sahara Occidental o 28 de Febreiro. A delegación está composta polos membros de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), Maite Illa, Xosé Henrique Porto e Pablo Romeo; e polos deputados do Parlamento Galego Gonzalo Trenor (PP), Xabier Ron (AGE, Esquerda Unida – ANOVA), Carmen Gallego (PSOE) e Monste Prado (BNG).

Desde a súa chegada ao Aeroporto do Aiún, a Delegación está sometida a constantes humillacións, seguimentos e rexistros. Xa no propio aeroporto a Delegación foi conducida a unha sala, onde o Alcalde do Aiún, en lugar de darlles a benvida, permitiuse advertir aos membros da Delegación “que tiñan que comportarse bién”. Desde entón son vixiados as 24 horas do día polas forzas policiais marroquís.

Durante a súa visita a delegación galega ha previsto varios encontros con diferentes ONGs saharauís, sindicatos e con membros da MINURSO (Misión das Nacións Unidas para o Referendo no Sahara Occidental), co fin de obter información de primeira man sobre a situación na que se atopa a poboación saharauí.

No marco do programa da visita, a Delegación galega entrevistouse con responsables da Asociación de Discapacitados Saharauís (IBSAR Ao JEIR) e da ASVDH (Asociación Saharauí de Vítimas das Violacións de Dereitos Humanos). Con indignación, os membros da delegación galega comprobaron que ao volver ao seu aloxamento despois destas entrevistas, as súas habitacións foran rexistradas minuciosamente.

A delegación ten previsto regresar ao Aeroporto de Peinador – Vigo o luns ás 21:00 horas.

1 de marzo de 2014 | 22:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.