Manuel Baltar reúnese cos empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseSan Cibrao das Viñas
A-
A+
Manuel Baltar na reunión cos empresarios do Polígono de San Cibrao

Manuel Baltar na reunión cos empresarios do Polígono de San Cibrao

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibíu hoxe no Pazo Provincial a visita do presidente da Asociación de empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, Elías Mera, acompañado da xerente desta institución, Yolanda López, e do vicepresidente, José Enríquez. Na xuntanza analizaron a convocatoria do concurso para a redacción do proxecto do plan estratéxico dos parques empresariais da provincia de Ourense, iniciativa proposta polos empresarios que permitirá a calquera investidor ter acceso a información referida á situación dos parques empresariais da provincia de Ourense, dende os metros cadrados disponibles, ás condicións de compra de solo, ou empresas da contorna que están ubicadas en cada parque empresarial, co obxectivo de que toda esta información estea disponible nun único espazo web para facilitarle os trámites e o acceso informativo ao posible investidor. Tamén falaron Baltar e os representantes dos empresarios de futuras posibilidades de cooperación entre ámbalas dúas institucións a través do Inorde, do Plan termal Provincial e de seguir creando sinerxias para favorecer a competitividade das empresas na provincia de Ourense.

27 de marzo de 2014 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.