Manuel Baltar recibe ao director xeral da “Vuelta a España”, Javier Guillén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Manuel Baltar na reunión con Javier Guillén

Manuel Baltar na reunión con Javier Guillén

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao director xeral da “Vuelta a España”, Javier Guillén, con quen analizou detalles relacionados con esta edición da proba ciclista, que pasará e será punto de partida na provincia de Ourense dunha das etapas decisivas desta proba internacional, en concreto, a penúltima etapa, que sairá de Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín), unha etapa de montaña de máis de 160 quilómetros que se disputará o sábado 13 de setembro.

Baltar e Guillén comentaron aspectos do ámbito organizativo e tamén de promoción turística e cultural. En opinión do presidente provincial a presenza da nosa provincia nesta edición da Vuelta “servirá para promocionar a Ourense como a provincia termal por excelencia de España”. Ámbolos dous quedaron emprazados para unha reunión posterior que terá lugar semanas antes da celebración da proba ciclista para perfilar a participación da Deputación neste importante evento, tendo en conta os intereses de Ourense que, neste caso, son os de carácter termal, turístico e de promoción cultural.

7 de marzo de 2014 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.