publicidade hoxe

Mañá inaugúrase o remodelado consistorio de Castrelo de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de Miño
A-
A+

O vindeiro martes 18 de marzo de 2014 ás 12:30 horas procederase ao acto de Inauguración das obras de rehabilitación e remodelación da Casa do Concello.

Asistirá o Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia D. Alfonso Rueda Valenzuela. 

Realizarase un acto cívico de homenaxe a todos/as os alcaldes e concelleiros que formaron parte das corporacións democráticas municipais de Castrelo de Miño, e que foron convidados con tal motivo a asistir a este acto de inauguración da nova Casa do Concello.

O alcalde de Concello de Castrelo de Miño tamén publicou un bando informativo no que convida a asistir a todos os veciños e veciñas de Castrelo de Miño.

17 de marzo de 2014 | 12:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.