Mañá comeza o 48 Hour Filme Project no Ágora da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que mañá, venres 28 de marzo, ás 17.00 horas reuniranse, no Centro Ágora, todos os equipos participantes na maior competición de cine a contrarreloxo do mundo: 48 Hour Filme Project. A Coruña é unha das sedes deste festival que conta con máis de cen cidades ao redor do mundo.

O 48HFP é unha oportunidade única para comezar a desenvolver proxectos audiovisuais e coñecer xente nova con inquietudes similares. Moitos son os que pasaron polo 48HFP: desde o equipo máis pequeno, unha única persoa que se puxo diante da cámara, ao máis grande até o día de hoxe, 116 persoas e 30 cabalos. Algún equipo este fin de semana superará ese número?

UN FIN DE SEMANA SEN DURMIR

O calendario deste fin de semana é fácil de lembrar. O venres no “kick off” reuniranse todos os equipos coa organización. Alí informarase sobre a competición e requisitos técnicos; farase o sorteo dos xéneros para cada equipo, e os elementos comúns que deben ser desenvolvidos dentro de todas as películas.

Os participantes entregarán as súas curtametraxes o domingo 30, ás 18.00 horas coas ojeras como protagonistas.

As películas presentaranse ao público o venres 4 de abril na Ágora, onde o xurado seleccionará a mellor curtametraxe que entrará á lista das mellores curtametraxes a nivel internacional

27 de marzo de 2014 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.