Mañá abre o prazo de recepción de ofertas para a explotación como catefería do edificio situado no parque Raína Sofía de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe publica o anuncio do Concello de Ferrol de licitación correspondente á contratación da concesión de dominio público para a explotación do edificio situado no parque Raíña Sofía con actividade de restauración. A data límite de presentación de ofertas é de 15 días naturais contados a partir da xornada de mañá (se o último día de prazo coincidise en domingo ou festivo trasladaráse ao seguinte día hábil); e o lugar para facelo é o Rexistro Xeral do Concello de Ferrol en horario de 09.00 a 14.00 horas –de luns a venres-. E de 09.00 a 13.00 horas –sábados e días non laborais para persoal do Concello-

Segundo se establece no prego de condicións que rexe este proceso de contratación aberto, o prazo máximo da concesión será por 20 anos; e o prazo para realizar as obras e instalacións para a posta en marcha da concesión será de 30 días naturais, contados dende o día seguinte ó da sinatura do contrato, para a presentación do proxecto de execución de obras. O prazo máximo establecido para a materialización do devandito proxecto é de 6 meses, contados dende o momento en que este teña a aprobación do Concello de Ferrol.

O importe de investimento mínimo a realizar na adecuación do inmoble ascende a un total de 58.277,23 euros (21% de IVE engadido). Así mesmo, o canon anual fixo que deberá abonar a concesionaria será de 9.000 euros anuais.  

18 de marzo de 2014 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.