Máis de 9.000 persoas vibrarán co espectáculo “Tú y Yo” que ofrecerá David Bisbal en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal Portada
A-
A+

Ferrol será xunto con Bilbao as únicas cidades do norte de España en acoller a nova xira de David Bisbal: “Tú y Yo”. O concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol, Manuel-Reyes García Hurtado, confirmou hoxe tras a comisión informativa da área que o concerto terá lugar o vindeiro 25 de xullo no estadio municipal de fútbol da Malata. Xa están a venda as entradas para este espectáculo en www.davidbisbalferrol.com. Máis de 9.000 persoas poderán gozar en directo en Ferrol do cantante en lingua española con maior éxito no mercado nacional e hispanoamericano nun concerto que “será un auténtico éxito tanto polas repercusións que terá na comercio e hostalería local como por o que suporá para difundir a imaxe en positivo de Ferrol en todo o mundo”, asegurou o edil de Cultura.

García-Hurtado sinalou que traer a David Bisbal a Ferrol “é un investimento para a cidade”, detallando que a achega económica do Concello limítase a 17.950 euros, unha cantidade que se sitúa moi por debaixo do caché deste artista que virá a Ferrol grazas ás negociacións feitas coa súa produtora que, a cambio se levará a recadación do concerto. “O Concello de Ferrol non pretende facer negocio con este concerto, o que si que pretendemos é que ademais de promocionar a cidade a economía local se vexa beneficiada”, dixo o titular de Cultura. Ao respecto, García-Hurtado explicou que o espectáculo de Bisbal máis próximo á cidade de Ferrol dentro desta nova xira está programado a 500 quilómetros desta cidade, en Salamanca. “Ferrol será os días previos e o mesmo día do concerto, o polo de atracción para fans e afeccionados a súa música de toda Galicia, Asturias, nordeste de Castela-León e norte de Portugal”, asegurou

Por último, García-Hurtado insistiu no feito de que “ë un motivo de alegría que Bisbal elixa vir a Ferrol no estreo da súa nova xira que o levará por todo o mundo, o que contribuirá a que a nosa cidade sexa un referente”.

21 de marzo de 2014 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.