Máis de 600 cazadores confirmaron a súa presencia para a presentación oficial da Lei de Caza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+

Mañá día 29 terá lugar no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo,a presentación oficial da nova Lei de Caza de Galicia a cargo da Consellería de Medio Ambiente e coa colaboración da Federación Galega de Caza.

A propia Federación convidaba a tódolos cazadores galegos a estar presentes nesta acto para coñecer en profundidade a lei e achegar á administración as súas inquedanzas e cuestións sobre a mesma. A resposta foi masiva, e máis de 600 cazadores de tódolos puntos da xeografía galega están xa confirmados para asistir a esta xornada na que a presenza do colectivo cinexético é básica para dar a coñecer á administración o seu interese e preocupación pola nova normativa e pola elaboración do Regulamento da mesma.

28 de marzo de 2014 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.