Máis de 300 cativos participaron no concurso infantil de Entroido en Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

Nigrán celebra o xa tradicional concurso infantil de disfraces cun éxito de participación rotundo. En total, máis de 300 nenos e nenas de Nigrán e outros municipios próximos participaron no concurso infantil de disfraces celebrado na tarde de hoxe no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón, que se prolongou durante máis dunha hora e media. Os nenos desfilaron polo escenario habilitado polo concello en dúas categorías distintas, disfraces elaborados en casa e comprados. En total, distribuíronse seis premios por categoría, e unha mención especial a un grupo de súper-heroes de refrescos, por ir un familiar adulto disfrazado con eles, e como recoñecemento ao fomento dos entroidos entre os máis pequeno. Unha graciosa e simpática brasilera (disfrace comprado) e un espectacular Capitán Nemo coa súa nave Nautilus (elaborados en casa) foron os vencedores deste ano.

O Entroido continúa en Nigrán mañá, co Enterro da Sardiña na contorna da Ramallosa a partir das 18.30 horas e despídese o vindeiro domingo, co Concurso de Comparsas, a partir das 17.00 horas en Praia América.

4 de marzo de 2014 | 22:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.