Máis de 150 nenos participarán na fase final do I Torneo Alevín Fútbol 11 Fundación Celta de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Vigo ▼
A-
A+

O torneo, organizado pola Fundación Celta de Vigo en colaboración coa Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo (AFAVI), contou coa participación de 10 equipos, 8 deles da zona de Vigo, máis dous clubs portugueses que se uniron ao evento para participar nesta fase final, disputada ao longo da xornada de hoxe nas instalacións deportivas da Madroa. O Celta Alevín A resultou vencedor tras superar na final ao Vitoria de Gimaraes.

A competición foi estruturada na súa fase final en dous grupos: no A quedaron encadrados a Vitoria S.C. de Guimaraes, o RC Celta Alevín A, CD Neto,  Gran Pena e UVCD Candeán e no grupo B, o SC Braga, RC Celta Alevín B, Balaídos CF, SR Casabranca e o San Miguel Cf.

A pesar do mal tempo, o evento reuniu nas instalacións deportivas da Madroa a máis de 150 nenos que acudiron acompañados de pais,  familiares e afeccionados para gozar dunha xornada completa de fútbol e entretemento con motivo das vacacións de entroido.

O éxito desta actividade confirma que a aposta da Fundación Celta por promover a práctica deportiva entre os máis pequenos e ao tempo transmitir valores esenciais para o desenvolvemento persoal é ben acollida e valorada tanto polos nenos, pais e adestradores, así como pola afección celeste.

5 de marzo de 2014 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.