Máis de 120 nenos participan no Torneo de Natación do Lázaro 2014 en Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O Servizo de Deportes do Concello de Verín organiza, con motivo da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’ 2014, un Torneo de Natación o 05 de abril, a partir das 10 horas, na Piscina Climatizada de Verín.

Neste torneo participarán un total de 120 nadadores da Piscina Climatizada de Allariz, Club de Natación de Chaves, Piscina Climatizada de Xinzo de Limia e Club de Natación de Verín. A convocatoria vai dirixida a nadadores de ambos sexos, sen licenza federativa en vigor, que competirán na categoría de benxamín (nados/as nos anos 2001 e 2002), alevín (nados/as nos anos 1999 e 2000) e infantil (nados/as nos anos 1998, 1997 e anteriores), e nas seguintes probas: 25 metros costas benxamín, 50 metros costas alevín e infantil, 25 metros braza benxamín e alevín, 50 metros braza infantil, 25 metros crol benxamín e alevín, 50 metros crol infantil, e 8 x 25 relevos.

Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín, Plan de Competitividade Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Saroni, Socitransa, Parador de Turismo de Verín, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, Espina & Delfín, Rótulos Losada, MRW, Esinor, AEVER-CCU Verín e AEHCOM.

28 de marzo de 2014 | 13:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.