Lupe Murillo, conselleira do Rio Natura Monbus: “Estou aquí para aprender do que agora mesmo é unha referencia en Galicia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Lupe Murillo, membro do Consello de Administración do Rio Natura Monbus, mostra sentirse completamente integrada na directiva xestora do club santiagués a pesar do pouco tempo que leva no cargo, no cal entrou a formar parte o pasado decembro. A Conselleira, que tamén é Directora Xeral da conserveira Pescamar, afirma que entrou no equipo executivo “para achegar, pero sobre todo para aprender do que agora mesmo é unha referencia en Galicia”.

Ademais, a súa experiencia en xestión deportiva non empeza co baloncesto, pois estivo ligada previamente á S.D. Teucro de balonmán e ao Pontevedra Club de Fútbol.

Como afeccionada, confesa estar a vivir a tempada “con paixón, porque o deporte é paixón, e visto como espectador e socio faiche gozar dunhas experiencias fantásticas”. O que máis lle chama a atención do Rio Natura Monbus é, precisamente, a súa afección: “É fiel, apoia nos momentos máis difíciles, e iso é o que o fai unha afección de dez. É espectacular ver o pavillón cheo e a xente vibrando co equipo na pista”. Ademais, nai de tres fillos, considera que “os nenos deben diversificar, coñecendo todo tipo de deportes, e aínda que no meu caso comezaron co fútbol porque é o que tiñan máis ao seu acceso, agora tamén gozan e implícanse ao máximo con cada partido do Rio Natura Monbus”.

17 de marzo de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.